Dúas alumnas do IES de Foz realizan unha estancia formativa en Italia

Foz
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
11 Dec 2019

Dúas alumnas do Ciclo Superior de Dirección de Cociña do IES de Foz, Belén Poveda e Carlota Cuevas, están realizando unha estancia formativa  en Italia dende setembro.

A vicedirectora e profesora coordinadora de proxectos europeos do IES de Foz, Leticia Maseda, explica que “este ano é o primeiro que o IES de Foz dispón da modalidade de becas KA103, para ensino superior. Os alumnos poden ir a facer prácticas ao estranxeiro durante un mínimo de dous meses”.

Leticia Maseda engade que “as alumnas do Ciclo Superior de Dirección de Cociña Carlota Cuevas e Belén Poveda decidiron ir a Italia, onde están traballando con María Antonietta Santoro, coñecida cociñeira de Basilicata que vén de abrir un novo restaurante en Matera: Osteria Al Becco della Civetta. María Antonietta veu ao IES de Foz en 2018 a impartir formación a profesorado e alumnado e froito desta colaboración xurdiu unha  relación de amizade que redunda en colaboracións de prácticas. As alumnas tiñan concedida unha beca para dous meses, pero debido á súa boa integración decidiron quedar seis meses máis pola súa conta”.

 

0.18238592147827