Dous policías locais en prácticas incorporaranse a Burela a partires do mes de xuño

AMariñaXa
Alfredo Llano anunciou a incorporación en prácticas de dous policías locais a partires do vindeiro mes de xuño.
010323 Foto sinatura novos policias locais Burela
1 Mar 2023

O alcalde, Alfredo Llano, anunciou a incorporación en prácticas de dous policías locais a partires do vindeiro mes de xuño. A plantilla quedará constituída entón por 8 efectivos.

O rexedor explicou que “en Burela a verdade é que minguou bastante a plantilla da Policía Local co tempo, por xubilacións e traslados. Entón agora contamos con 7 efectivos, pero está a punto de xubilarse un deles, o que era o xefe provisional, e vamos contratar a dúas persoas máis. Hoxe precisamente asinamos a posesión en prácticas de dous policías, que se van incorporar, en principio para facer as prácticas, o 23 ou o 24 de xuño; e despois, se todo vai ben, xa serían funcionarios en decembro”.

Llano subliñou que “con estas dúas incorporacións xa logramos ter unha plantilla estable de 8 persoas, cando se xubile esta persoa que comentaba antes. O ideal sería que tivéramos 10 como mínimo. Para o ano que vén serían dúas peticións máis e entón xa quedaría basicamente completa a estrutura fundamental da Policía Local”.

O alcalde engadiu: “estas incorporacións espero que lle dean unha importancia grande ao servizo que está prestándose en Burela. Basicamente haberá máis presenza policial e máis seguridade. Todo isto será en beneficio para o pobo no seu conxunto”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16924810409546