Dous médicos ensinan hoxe en San Cibrao a previr a gripe
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
15 Oct 2019
O auditorio da Casa da Cultura de San Cibrao acollerá este martes, 15 de outubro, ás 17.30 horas, unha charla sobre a prevención da gripe.
A charla, sobre unha enfermidade propia destas datas que moitos padecen, contará coa intervención dos facultativos Raquel Barbosa Lorenzo, que é médica preventivista no Hospital Lucus Augusti, e José Manuel Suárez Lorenzo, médico preventivista no Hospital Público da Mariña. Está organizada polo Centro de Saúde de San Ciprián coa colaboración do Concello de Cervo.
Colaboran para facer posible esta charla o Servizo de Mediciña Preventiva do Hula, o mesmo departamento do hospital mariñán e o Concello de Cervo.