Dous detidos por roubo en Xove e Ribadeo

TerraChaXa | AMariñaXa
A Garda Civil imputa en calidade de investigada a unha veciña de Xove de 41 anos de idade como suposta autora dun delito de hurto dun teléfono móbil.
5 Feb 2019

A Garda Civil imputa en calidade de investigada a unha veciña de Xove de 41 anos de idade como suposta autora dun delito de hurto dun teléfono móbil. Segundo indica o corpo de seguridade, os feitos ocorren o pasado día 26 de xaneiro, cando a presunta autora supostamente substraeu un teléfono móbil na vía pública da localidade de Xove. A persoa investigada foi posta a disposición xudicial.
Por outra banda, tamén detivo na madrugada do pasado día 1 a un súbdito brasileiro de 18 anos, veciño de Lugo, como suposto autor dun delito de roubo con forza nas cousas. O presunto autor supostamente substraeu do interior dun establecemento hostaleiro da localidade de Ribadeo 80 euros que se atopaban no interior do vaso de propinas. A persoa detida foi posta a disposición xudicial.
Ademais, a Garda Civil detivo tamén a un veciño de Riotorto por orde directa da Autoridade Xudicial, en virtude dunha requisitoria dimanante do Xulgado do Penal nº 2 de Lugo, sendo trasladado o detido ao centro penitenciario de Bonxe (Lugo) para o seu ingreso en prisión.

0.16638612747192