Domingo Rey renova cargo de Patrón Maior da Confraría de Celeiro

AMariñaXa
Domingo Rey renova cargo de Patrón Maior da Confraría de Celeiro trala votación de 16 membros representantes
CONSTITUCIÓN DEFINITIVA DE LA JUNTA GENERAL Y ELECCIÓN DE PATRÓN MAYOR, celeiro
14 Nov 2022

Esta fin de semana tivo lugar na sede social da Confraría de Pescadores Santiago Apóstolo de Celeiro a sesión constitutiva da xunta xeral e a toma de posesión, así como a elección de Patrón Maior e vicepatrones maiores, e vogais do Cabildo.

Na sede da entidade con presenza dos membros da comisión e da mesa electoral procedeuse á toma de posesión dos cargos electos para a Asemblea Xeral da entidade, un total de 16 membros deles 8 empresarios, -4 de altura e gran altura, e 1 de arrastre de litoral, e 3 de baixura (un deles de recurso específico de percebe)-, e 8 tripulantes conforman o órgano.

Para a elección de Patrón Maior só se presentou unha candidatura a de Alegrín SL, representada por Domingo Rey Seijas, que obtivo o respaldo maioritario da asemblea; como vicepatrón maior primeiro resultou elixido Alfonso González Piñón, e vicepatrón maior segundo, Juan Ricardo López Casas; todos eles repiten no cargo que xa ostentaban na presente lexislatura.

Seguindo co plan electoral elixíronse os membros do Cabildo nun número de 8 integrantes dos cales 4 pertencen ao colectivo de empresarios e 4 ao de traballadores.

Para a data do 24 de novembro está prevista a proclamación definitiva dos órganos reitores e o 25 dese mesmo mes a toma de posesión nos seus cargos; sendo a data prevista para a disolución da Comisión Electoral a data do 29 de novembro-22.

Domingo Rey Seijas leva no cargo de Patrón Maior desde o 4 de decembro de 2004, afronta así a súa quinta lexislatura consecutiva arroupado pola maioría de integrantes da lista dos órganos de goberno onde repiten ata un total de 15 membros con 3 novas incorporacións.

0.10547685623169