Dolores, Asociación Mujeres Bolboretas: “As bolboretas son animais que deixan voar a imaxinación”

AMariñaXa
O grupo ribadense Kornucopia ten os seus inicios durante o 2021 e son Un grupo de amigos con ganas de compartir as súas inquedanzas
mulleres bolboreta xove 1
18 Mar 2024

Por Ana Somoza López.

Como nace a Asociación Mujeres Bolboretas?

Esta asociación naceu oficialmente en maio de 1990. Eramos todas mulleres novas con cativos pequenos e pensamos que debíamos crear un grupo para as mulleres. Esta foi a primeira asociación de mulleres de toda a Mariña.

É por que decidiron creala?

Alcoa alá polo 1978 encargou construír vivendas preto da factoría, para que puideran vivir os empregados e as súas familias. En concreto fixeron a Urbanización de Palmeiro e aquí asentámonos a vivir moitas familias novas, procedentes de distintos puntos da xeografía española.

Como foi asentarse aquí?

Comezamos nunha contorna nova e descoñecida, pero pouco a pouco, fomos aproveitando todo o que esta nova situación nos proporcionaba, como o colexio, as instalacións deportivas e club social.

Así conseguiron ir facendo actividades, non?

Si. Fomos organizando e participando en diferentes actividades escolares e extraescolares, para dinamizar a nosa vida. De feito, deste grupo de mulleres xurdiron exposicións de traballos que se fixeron ao longo dos curso.

Por que ese nome?

En principio pareceunos un nome moi fermoso. As bolboretas son animais moi bonitos e deixan voar a imaxinación, coma nós.

Quen a conforma?

Agora mesmo somos 43 mulleres de toda a Mariña, nalgunha ocasión veu algún home, pero só aos cursos que facemos, non como socios. Acollemos a todo tipo de mulleres sen excepción, mulleres do rural, mulleres urbanas, mulleres amas de casa e mulleres traballadoras.

Que tipo de actividades fan nesta tempada?

Todas as que nos piden os socios, como poden ser as manualidades, algún viaxe cultural unha vez ao ano, charlas de diferentes temas e moi variados, sobre todos os relacionados coa muller. Tamén de manexo de móbiles, de informática, de cociña, cerámica, e por suposto colaboramos con Concello co que nos pida, e con outros concellos. Por exemplo estivemos facendo unhas bolsas para Afán Burela. Así mesmo, temos un curso de bordado, calceta e gancho unha vez á semana. Pero o importante é compartir experiencias, falar e rir, en definitiva, compartir alegrías, isto é o que nos chamamos risoterapia.

Contan cun forte labor social.

Si. Estivemos cosendo desinteresadamente máscaras durante o tempo de pandemia. E tamén, en 2021, participamos na gravación dun anuncio publicitario contra a Violencia de Xénero, organizado pola Asociación Mujeres en Igualdade Provincial de Lugo (BUMEI), que foi emitido na televisión.

Teñen apoio institucional?

Principalmente temos as achegas dos socios que son 22 euros ao ano, e despois o Concello nos da una subvención anual, e tamén a factoría de Alcoa a través dun plan de acción e colaboración co medio ambiente e o rural. O ano pasado limpamos a praia de Lago, e este ano rexeneramos un pequeno parque en Palmeiro con árbores, papeleiras, plantas, colocamos bancos, etc. Deixámolo moi bonito e moi cómodo.

0.16609001159668