Doce concellos da Mariña fletarán autobuses para á manifestación en Lugo a prol de Alcoa

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Un total de doce concellos da Mariña Lucense fletarán autobuses de balde para asistir á manifestación convocada polo comité de empresa de Alcoa en Lugo, o vindeiro sábado, 14 de decembro.
65c45a23 8c79 4a27 9ee9 80766a29b47b e1585130234973
10 Dec 2019

Un total de doce concellos da Mariña Lucense fletarán autobuses de balde para asistir á manifestación convocada polo comité de empresa de Alcoa en Lugo, o vindeiro sábado, 14 de decembro.

As prazas serán de balde pero as persoas interesadas deberán apuntarse chamando aos Concellos. Así, en Burela, Ribadeo, Mondoñedo e Viveiro sairase das estacións de autobuses; no Vicedo, será a casa do Concello; en Foz sairase do peirao; en Xove o punto de partida será no centro cívico; en Trabada e Lourenzá da praza do Concello; en Cervo, da Casa do Mar de San Cibrao; en Barreiros, do Restaurante O Asador; e no Valadouro, da extensión do matadoiro.

Por outra banda, o pintor Xoán Guerreiro doará 200 gravados ao comité de empresa da fábrica de Alcoa, cos que abrir a caixa de resistencia dos traballadores.

O acto de doazón terá lugar o mércores día 11 de decembro, ás 12.00 horas, no salón de actos do Concello de Xove.

Asistirán os integrantes do comité de empresa, acompañados por outros traballadores, o propio pintor Xoán Guerreiro, ademais de varios alcaldes da comarca da Mariña.

0.085383892059326