Dobre sesión de maxia para toda a familia no Valadouro

TerraChaXa | AMariñaXa
1 Xan 2021

O 2021 entrará cheo de maxia no Valadouro grazas ao programa Cultura de Nadal que finanza a Deputación de Lugo.

O sábado 2 de xaneiro ás 19.00 horas o Mago Demi actuará no salón de actos da casa da cultura, ofrecendo un espectáculo variado e divertido "onde predomina o seu dinamismo cun estilo cómico e desenfadado". O Mago Demi, natural de Ribadavia (Ourense), "tivo afección pola maxia dende neno, unha paixón que lle está acompañando toda a vida" e que o levou a coñecer gran variedade de xogos coma a cartomaxia, a manipulación, o escapismo e o mentalismo, entre moitos outros.

Na seguinte fin de semana será o Mago David Méndez o encargado de ilusionar ao Concello coa súa actuación. O sábado 9 de xaneiro ás 19.00 horas, presentará o seu espectáculo na casa da cultura, do cal se pode ver un pequeno avance seguindo este enlace.

O aforo para ambas actuacións será limitado conforme ás normativas para facer fronte á pandemia pola covid-19, polo que se pode reservar praza chamando ao número de teléfono 982 571 516.

 

 

 

0.1142520904541