Dobre cita cultural no Valadouro este sábado
A casa da cultura do Valadouro acolle este sábado unha dobre sesión cultural con dúas ponencias.
A partir das 11.00 horas terá lugar ese día no salón de actos do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade Manuel Lourenzo unha conferencia denominada: Nutre o teu corpo e mellora a túa saúde, ofrecida polo dietista Noel López Pinín. Neste caso o aforo está limitado a 34 persoas.
Hai que anotarse con antelación no 648 261 588 xa que o aforo é limitado.
Ademaos, a asociación Cultura do País celebrará, ás 12.00 horas, a presentación do libro As mulheres da Casa da Bouça da roupa estendida, Adela Figueroa Panisse.
Adela Figueroa é unha autora luguesa que destaca polo seu compromiso ecolóxico e feminista. Bióloga de formación, cultiva, entre outros xéneros, a poesía e a literatura infantil. Ten traballado tamén na recuperación da tradición oral.