Do 6 de xullo ao 28 de agosto será a nova edición das actividades de verán en Burela

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A Concellería de Deportes de Burela organiza unha nova edición das actividades de verán destinadas aos nenos e nenas nados entre 2007 e 2014.
cartel
23 Xuño 2020

A Concellería de Deportes de Burela organiza unha nova edición das actividades de verán destinadas aos nenos e nenas nados entre 2007 e 2014. Establecerase un protocolo para garantir a seguridade dos asistentes, que só van desenvolver deportes ao aire libre. Tamén se reduce o aforo, que será de 10 nenos e nenas para cada unha delas. A partir do 25 de xuño poderase realizar a inscrición. A campaña dará comezo o 6 de xullo e rematará o 28 de agosto.

O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, contou que “desde a Concellería de Deportes do Concello de Burela queremos anunciar que imos iniciar as actividades de verán 2020. Visto que a situación se foi normalizando un pouco e que a xente ten inquedanza por ter actividades para os nenos, decidimos darlles para adiante un ano máis a estas iniciativas, evidentemente cunhas peculiaridades con respecto a outros anos debido ao Covid-19”.

O edil burelés explicou que “a partir do xoves, 25 de xuño, desde as dez da mañá, se van recoller as inscricións na Casa da Xuventude. O formulario vaise poder descargar na páxina web do Concello e tamén imos colgalo nas redes sociais para que a xente poida cubrilo na casa. Ademais poderán solicitalo no mail burela@burela.org.”

Fernández Rey indicou que “as actividades empezarán o 6 de xullo e rematarán o 28 de agosto. O prezo non variou con respecto ao ano pasado e vai ser de 8 euros ao mes por actividade. Poderán participar nenos e nenas nados entre 2007 e 2014 e evidentemente as circunstancias tamén nos obrigan a reducir o número de nenos por cada actividade, ímolo limitar a 10 prazas”.

O concelleiro de Deportes subliñou que “respecto á seguridade da actividade, que é o que máis nos preocupa, imos facer un protocolo onde se van dar unhas pautas para que todos os nenos e nenas que asistan ás actividades as sigan. Trátase de desinfección, control de temperatura, uso de mascarillas cando sexa necesario e desinfección do material, co cal entendemos que  imos poder facelas con total seguridade e sen ningún tipo de problemas”.

Ramiro Fernández engadiu que “os luns imos facer xogos na praia. Os martes, conxuntamente co Club Atletismo Burela de recente creación, imos facer atletismo. Os mércores imos facer rutas en bicicleta. Os xoves faremos xogos na praias outra vez e os venres rutas BTT. As actividades son ao aire libre, non queremos facelas en lugares pechados debido á situación que estamos a vivir, co cal entendemos que a seguridade se garante posto que co aire limpo parece que a infección con este virus é menos probable. En todo caso recomendarlle aos pais que se un neno ten febre ou se encontra mal non o manden ás actividades porque pode ser un risco para o resto dos nenos. Penso que co protocolo que imos darlles cando entreguen a ficha de inscrición cubrimos todos os riscos que poida haber. O 30 de xuño se fará pública a lista definitiva con todos os admitidos e esperemos que, como todos os anos, a xente desfrute desta actividade, tamén nosoutros queremos axudarlles un pouco a conciliar aos papás e nese tempo que o neno ou nena teña unha actividade física, que é moi importante”.

0.12067413330078