Do 19 ao 21 nova edición do Comercio na Rúa de Foz
AciaFozCCA organiza unha nova edición do Comercio na Rúa, que se celebrará os días 19, 20 e 21 de agosto. Desde este xoves e ata o sábado os establecementos comerciais participantes sacarán os seus artigos á rúa e ofrecerán descontos especiais. En caso de que as condicións meteorolóxicas non sexan favorables a campaña desenvolverase no interior dos locais.
Nesta nova edición do Comercio na Rúa participan un total de 27 establecementos, que son: 5 Lobiños, Arrullos, Buxo Xogos, Calzados Pirde, Chinela Nenos, Chuvia, Decoraciones Pura, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Isla, La Flor Abulense, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Longarela Moda, Lourdes Moda Íntima, María Docampo Moda, MC Automotive, N 1 Zapatillas, OfiFoz, Sensación Surf, Sueños, Unique-2, Vas´s, Vas´s Oulet, Xanela Complementos e Xoguetería Bahía.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, subliña que “estes descontos chegan nun momento importante para as economías familiares que teñen que afrontar os gastos que representa, un ano máis, o comezo do curso. No Comercio na Rúa atoparán unha ampla oferta en moda, calzado e artigos necesarios para a volta o cole”.