Do 14 ao 22 de maio terá lugar o XV Ribadeo de Tapeo

AMariñaXa
Do 14 ao 22 de maio terá lugar o XV Ribadeo de Tapeo. Os establecementos hostaleiros teñen ata o 11 de abril para anotarse. 
tapas comida
30 Mar 2022

Do 14 ao 22 de maio terá lugar o XV Ribadeo de Tapeo. Os establecementos hostaleiros que desexen participar neste concurso gastronómico teñen ata o 11 de abril para anotarse. 

Ribadeo retoma, despois desta época complexa derivada da crise sanitaria do covid, o famoso concurso gastronómico Ribadeo de Tapeo, que chega á súa décimo quinta edición e na que o prezo das tapas serán de 2 euros.

Como novidade esta edición contará cunha fase previa e as semanas anteriores á celebración do evento gastronómico un cociñeiro especializado na materia, degustará as tapas presentadas ao concurso. Esta fase terá simplemente un carácter de intercambio de impresións da elaboración e presentación das propostas desta cociña en miniatura. 

PREMIOS E XURADO

A estes premios concorrerán todos os estabelecementos inscritos no concurso. A organización resérvase a posibilidade de realizar dúas quendas de selección. Unha primeira onde se escollerán os establecementos finalistas e outra quenda onde se escollerán os premiados. 

PREMIOS DO PÚBLICO

Como en edicións anteriores, concorrerán todos os estabelecementos inscritos no concurso e os gañadores serán elixidos polo público.

Os gañadores do concurso recibirán agasallos especiais e publicidade gratuíta ata a próxima edición de 2023, onde se indicará que as súas tapas foron premiadas, polo público ou xurado, na XV Edición do Ribadeo de Tapeo. Esta servirá para premiar o esforzo, iniciativa e profesionalidade dos nosos hostaleiros.

Como en anos anteriores a celebración do concurso darase a coñecer a través da web e nas distintas plataformas app para móbiles, redes sociais (Facebook, Twitter e Instagram) e crearase un Hashtag #Ribadeodetapeo22  para a difusión, a través das redes sociais do concurso, tapas e establecementos participantes. 

Os hostaleiros que desexen aclarar calquera dúbida podedes chamar á oficina de turismo do Concello de Ribadeo (982 128 689) ou escribir un email a turismo@ribadeo.org.

0.17131185531616