Do 14 ao 22 de agosto celebrarase o XXIII Torneo de Tenis Vila de Foz

AMariñaXa
Do 14 ao 22 de agosto, celebrarase o XXIII Torneo de Tenis Vila de Foz. O evento foi presentado por Cajoto e Veiga, do Foz Club de Tenis
torneo tenis vila de foz 2021
13 Ago 2021

Do 14 ao 22 de agosto, celebrarase o XXIII Torneo de Tenis Vila de Foz. O evento foi presentado por Ramón Cajoto e Xosé Veiga, do Foz Club de Tenis, e a concelleira de Xuventude e Deportes, Gema Méndez.

Xa quedan poucas prazas por cubrir no cadro, posto que este torneo é xa un clásico do verán mariñano, así que convidan a inscrivirse canto antes no teléfono 619 604 495.

Contarán con participantes da casa, da comarca e tamén visitantes, que auguran uns partidos moi atractivos.

0.15843391418457