DisfraBAR chega ao locais de hostalería de Barreiros

TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello  de Barreiros, xunto cos hostaleiros organizan o DisfraBAR, unha actividade de Entroido na que se vai sortear un menú completo de cocido para un grupo de 10 persoas.
IMG_3010
2 Mar 2019

O Concello  de Barreiros, xunto cos hostaleiros organizan o DisfraBAR, unha actividade de Entroido na que se vai sortear un menú completo de cocido para un grupo de 10 persoas. Será entre todos aquelas persoas que percorran os sete establecementos hostaleiros que participan na iniciativa entre o 4 e o 6 de marzo. Cada persoa obterá un selo para a súa papeleta por cada consumición realizada. O sorteo do premio terá lugar o 8 de marzo, na praza do Concello, durante a Festa do Entroido de Barreiros.

Para facilitar a participación no DisfraBAR e favorecer a mobilidade segura haberá un bus gratuíto durante os tres días, grazas á colaboración do Concello de Barreiros. Funcionará o luns e o mércores entre as sete da tarde e as doce da noite e o martes de Entroido de doce do mediodía a 4 da tarde e de sete da tarde a doce da noite. Partirá das inmediacións do Centro de Saúde e percorrerá os bares que se dan cita no DisfraBAR e que son La Barrica, A Yenka, A Curva, Lozano, O Asador, Moderno e Centro Social.
0.1965491771698