Día do Polbo, do Neno e moita música: o Naseiro de Viveiro presenta o seu programa

AMariñaXa
O Naseiro, declarada de Interese Turístico Galego, volve a celebrarse cunha nova comisión que asegura o futuro desta celebración
naseiro
16 Aug 2024

O Naseiro, declarada de Interese Turístico Galego, volve ao calendario do municipio de Viveiro da man dunha nova comisión que asegura o futuro desta celebración considerada unha das máis emblemáticas e consolidadas no concello e que forma parte da súa historia viva tras xuntar a varias xeracións en cada unha das súas edicións. A anterior comisión encargada de celebrar a Romaxe do Bo Xantar renunciou despois de anos a cargo da organización e o Goberno local tampouco puido facer fronte.

Finalmente, unha nova organización púxose á fronte do programa que volve aglutinar  durante cinco días música, gastronomía,  bo ambiente e, sobre todo, moita tradición que se remonta aos tempos da República. A Romaxe do Bo xantar comeza o venres 23 do Día do Polbo amenizado por Charanga.

O sábado haberá dende as 133.30 horas misa na Capela do campo da festa e procesión. Nesta xornada actuarán o grupo JB Son e Los Alcántara. O domingo haberá de novo misa e procesión e música da man das orquestras Supertop e Platinum. O programa continúa o luns coas orquestras Salsarena e o grupo Arizona. O Naseiro seguirá o martes 27 coas actuacións do grupo Zona Zero e a disco móbil Conxuro. Os cativos serán os protagonistas o mércores 28 do Día do Neno. Tamén haberá sesión vermú de 14.30 a 16.00 e verbena a partir das 23.00 horas, ademais de pasacalles con Bágoas de Terra.

programa naseiro

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16421914100647