Día das Maulas en As San Lucas 2024. Domingo 20 outubro 2024

AMariñaXa
Mondoñedo celebra o Día das Maulas e remata así As San Lucas. Coñece o programa completo do domingo 20 de outubro de 2024
san-lucas-mondonedo-feira
20 Out 2024

Hoxe, domingo 20 de outubro de 2024, Mondoñedo vístese de festa para celebrar o Día das Maulas das San Lucas 2024 para pechar a feira con diversos concursos e prezos especiais no mercado.

 

  • 11.30 horas. Concurso de andadura galega na modalidadede Chapeada
  • 12.30 horas. Concurso de andadura galega Sub 16.
  • 16.30 horas. Concurso de andadura galega modalidade serrada

 

A feira de As San Lucas é unha das máis antigas de Galicia, con orixes que datan de 1156. Inicialmente, estas festividades estendíanse durante oito días en honra á consagración da catedral polo bispo Martín. Co paso do tempo, evolucionaron cara a un evento de cinco días que combina a tradición gandeira con actividades culturais nun ambiente festivo.

0.13521790504456