Dezaséis parellas comezaron as clases de bailes de salón en Cervo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
22 sep 2019

A tempada de clases de baile de salón vén de arrincar en Cervo con 16 parellas inscritas.

A actividade está promovida pola organización Arama e a Escola de Baile Hover Cross, coa colaboración do Concello de Cervo.

As clases teñen lugar cada mércores no Pavillón do CEIP Península da Paz, en horario de 21.00 a 22.30 horas.

O prazo para anotarse aínda está aberto nos teléfonos 648 033 250 ou 620 817 300.

As sesións son impartidas por profesores titulados en vals, pasodobre, tango, foxtrot, merengue, cumbia, bachata, salsa e chachachá

0.13316202163696