Deu comezo o plan formativo Ribadeo Suma

AMariñaXa
O Concello presenta Ribadeo Suma, un novo proxecto para este 2022, que incidirá nos eidos do emprego, as empresas, o emprendemento,etc
ribadeo suma programa emprego
23 Feb 2022

O programa Ribadeo Suma, o novo proxecto de formación para a mellora da empregabilidade, deu comezo na aula cemit con todas as prazas cubertas.

O 7 de marzo a formación abordará Cómo buscar emprego na rede e os días 15, 16 e 17 de marzo centrarase nas Habilidades sociais para o emprego, onde se incidirá no proceso de busca de emprego a través da optimización das características persoais.

Os idiomas tamén terán cabida en Ribadeo Suma Emprego. Do 22 de marzo ao 28 de abril impartirase Inglés para atención ao público (nivel básico), no que os asistentes recibirán nocións sobre gramática básica, vocabulario e expresións útiles para a atención ao público.

Tamén en marzo está previsto que comece a funcionar o novo Portal de Emprego, que integra tanto a xestión das demandas de emprego das persoas desempregadas como as ofertas das empresas que están levando a cabo un proceso de selección de persoal.

E ao igual que en anos anteriores en abril dará comezo o Curso preparatorio para os exames de competencias clave (nivel 2), nas materias de comunicación en lingua castelá, comunicación en lingua galega e competencia matemática.

0.22342205047607