Detectan un novo foco da Enfermidade Hemorráxica Epizoótica na Mariña Occidental

AMariñaXa
A Xunta de Galicia notificou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) a detección de novos focos de EHE
Foto-vaca-Union-de-Uniones-ehe-enfermidade-hemorraxica-epizootica
23 Out 2024

A Xunta de Galicia notificou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) a detección de novos focos de Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE). Trátase de focos localizados nas comarcas veterinarias de Ferrol, na provincia da Coruña; e da Mariña Occidental, na de Lugo. Ao tratarse de focos localizados en provincias nas que xa se declarara a enfermidade en 2024, o diagnóstico laboratorial foi realizado exclusivamente polo Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia, dependente da Consellería do Medio Rural.

Con esta declaración, neste novo período estacional 2024 de circulación do vector transmisor, Galicia ten notificados focos en 45 comarcas veterinarias: 14 na provincia de Ourense (Maceda, A Limia, Ourense, Terra de Celanova, Baixa Limia, Verín, A Gudiña, Terra de Trives, Terra de Caldelas, Viana, Allariz, O Carballiño, Valdeorras e O Ribeiro), 14 na de Lugo (Ancares, Sarria, Terra de Lemos Quiroga, Lugo, A Fonsagrada, Terra Chá- Guitiriz, Chantada, A Ulloa, Terra Chá-Castro, Terra Chá-Vilalba, Meira, A Mariña Oriental, A Mariña Central e A Mariña Occidental), 7 na provincia de Pontevedra (Pontevedra-O Morrazo, Deza, Tabeirós-Terra de Montes, A Paradanta, O Condado, Baixo Miño e Caldas) e 10 na provincia da Coruña (Teixeiro, Terra de Melide, Santiago, As Pontes, Arzúa, Ortegal, O Sar Barbanza, A Barcala, Ordes e Ferrol). Así, o número de explotacións positivas confirmadas laboratorialmente sitúase en 1.986 e os animais positivos confirmados en 4.778.

0.18687391281128