Destinan 40.000 euros á mellora do parque de San Miguel, en Ribadeo

AMariñaXa
Primeiro, retiraremos todos os xogos existentes. Vai ver un movemento de terras e así realizar a soleira de formigón", di Dani Vega
visita-parque-San-Miguel-ribadeo
16 Out 2024

Ribadeo faise cunha nova subvención da Xunta de Galicia para mellorar o parque infantil de San Miguel, que ascende a 40.000 euros. "A subvención concedida é de preto de 40.000 euros para actuar en todo ese parque. Primeiro, retiraremos todos os xogos existentes. Vai ver un movemento de terras e así realizar a soleira de formigón, tamén a ancoraxe e a colocación de xogos novos e a realización de pavimento de caucho continuo. E para non ter ese impacto visual do formigón, colocarase céspede artificial no entorno dos xogos”, sinala o alcalde, Dani Vega.

O rexedor indicou que “o que queremos con isto é mellorar un parque infantil, pero seguir traballando e avanzando en mellorar todos os espazos verdes, os espazos deportivos e os espazos infantís, porque o que queremos é esa vila, ese concello que acolle e dende logo ter eses espazos ben conservados para as nosas nenos e nenas”. Visitaron o parque de San Miguel o alcalde e o concelleiro de Obras, Diego Dos Santos.

0.16566014289856