A pontenovesa Industrial Recense, valorada pola súa inserción laboral

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
23 Sep 2019

Os deputados autonómico e provincial, Daniel Vega e Javier Castiñeira, respectivamente, destacan a importancia de apostar dende as administracións, pola formación e o emprego de cara a favorecer a creación e o mantemento empresarial da Mariña. Así o puxeron en valor no encontro mantido esta mañá con representantes da empresa Recense da Pontenova, onde tamén puideron comprobar o funcionamento da mesma e a súa capacidade industrial e empresarial no sector da metalurxia.

Esta empresa conta con 66 anos de historia e dispuxo dunha facturación neste ano de 10 millóns de euros. Na actualidade, tamén exporta a súa produción a China e está a levar a cabo un labor moi importante no que a inserción laboral se refire, pois ten empregados a 8 membros de Cogami na área de montaxe.

Daniel Vega e Javier Castiñeira salientaron así a importancia de gobernos como o da Xunta de Galicia que teñen unha “vontade decidida coa FP dual e o emprendemento”, pois isto, engadiron, “tamén contribúe a fixar poboación na nosa comarca”.

Deste xeito, os populares continuaron a rolda de contactos que están a ter pola comarca co fin de atender as peticións dos distintos axentes socioeconómicos e levar as súas propostas ás institucións onde teñen representación.

0.15633893013