Despois dunha longa espera, volve unha nova edición da Foliada Nordestía de San Cibrao

AMariñaXa
Despois de unha longa espera de 4 anos volve unha nova edición da Foliada Nordestía de San Cibrao e que este ano chega a súa sétima edición
VII Foliada Nordestia San Cibrao 2023
27 Xan 2023

Despois dunha longa espera de 4 anos volve unha nova edición da Foliada Nordestía de San Cibrao e que este ano chega a súa sétima edición. Este clásico cervense celebrarase o sábado 1 de abril.

Desde a súa organización din que o deseño do cartel é obra de Hipólito Xeada.

A cita, organizada por A Rebolaxe e que conta coa colaboración do Concello de Cervo, previsiblemente contará como en anos anteriores con Cantos de Taberna, un xantar popular, xogos infantís e actuacións.

VII Foliada Nordestia San Cibrao 2023
0.078107833862305