Despois de dous anos, volve a Rapa das Bestas de Campo do Oso

TerraChaXa | AMariñaXa
A organización da Rapa das Bestas de Campo do Oso situado na estrada de Mondoñedo á Pastoriza, volverá a ter a Rapa das Bestas.
Rapa das Bestas de Campo do Oso 2022 1
21 Jun 2022

A organización da Rapa das Bestas de Campo do Oso situado na estrada de Mondoñedo á Pastoriza, e pertencente a parroquia de San María Maio, volverá a ter este ano a súa tradicional Rapa das Bestas.

Despois de dous anos sen celebración xa que o ano pasado por mor do distanciamento social e o anterior ante a imposibilidade de baixar os cabalos dende o monte ata o curro pola néboa, este ano celebrarase este domingo 26 de xuño.

Esta tradicional festa é a que abre o calendario deste tipo de celebracións, xa que faise o último domingo do mes de xuño.

Os asistentes a esta celebración e tralo peche dos cabalos no curro para a súa rapa e marcado, poderán gozar coa sesión vermú amenizada por un grupo musical e coa degustación gratuíta de poldro galego.

A xornada comezará ás 10.30 horas coa saída dos xinetes para a baixada dos animais ata o curro, e sobre as 11.30 horas será a baixada polo monte. Ás 12.15 horas dará comezo a rapa e o marcado e ao remate, ao redor das 14.00 horas será a sesión vermú coa presenza da polbería Mario.

Rapa das Bestas de Campo do Oso 2022

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.082441091537476