Despois de 40 anos no Martínez Otero de Foz, xubílase o docente Ramón Eiras

Foz
AMariñaXa
Despois de 40 anos dedicados ao ensino, este venres 12 pecha a súa andaina como docente no Martínez Otero de Foz, Ramón Eiras Fernández.
xubilacion ramon eiras Colexio martinez otero Foz
12 Nov 2021

Despois de 40 anos dedicados ao ensino, este venres 12 de novembro pecha a súa andaina como docente no colexio Martínez Otero de Foz, Ramón Eiras Fernández.

Toda unha vida envorcada no ensino e na formación de nenos e nenas e rapaces e rapazas. "Imposible resumir nestas liñas todas as vivencias, académicas, deportivas e persoais, que quedan na nosa lembranza", así falan del os seus compañeiros.

O Padroado e a Comunidade educativa do colexio queren achegar o seu agradecemento por estes anos consagrados á profesión máis bela do mundo: a docencia.

"Grazas por todo e desfruta da túa máis que merecida xubilación", remataron dicindo.

0.072160005569458