Desde o domingo, 14 de maio, haberá unha nova exposición na casa da cultura de San Cibrao
AMariñaXa
Desde este próximo domingo, 14 de maio, teremos nova exposición na casa da cultura a cargo de Laura Doldán
13 Maio 2023
Desde este próximo domingo, 14 de maio, teremos nova exposición na casa da cultura.
A artista Laura Doldán, Lume da Luma, compartirá a súa arte, a través dunha vintena de obras pintadas en acuarela inspiradas en San Cibrao e a súa conexión mariñeira.
A apertura de portas está prevista para o domingo, ás 12:00 horas, e poderase visitar ata o 16 de xuño. O 14, o 28 de maio, e o 11 de xuño, a artista realizará arte en vivo, para as persoas asistentes.