Descontos nas entradas á catedral de Mondoñedo polo acordo entre o concello e a empresa xestora Artisplendore

TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello de Mondoñedo colabora coa empresa xestora Artisplendore en relación ás visitas culturais e turísticas guiadas á Catedral e lanza unha promoción vixente durante a vindeira fin de semana (5 a 7 de abril) que inclúe unha redución no prezo das entradas.
1 Apr 2019

O Concello de Mondoñedo colabora coa empresa xestora Artisplendore en relación ás visitas culturais e turísticas guiadas á Catedral e lanza unha promoción vixente durante a vindeira fin de semana (5 a 7 de abril) que inclúe unha redución no prezo das entradas.

Esta colaboración entre a administración local e a empresa xestora das visitas turísticos culturais implica que o prezo da entrada normal, que abarca visita á Catedral e ao Museo Catedralicio e Diocesano, con audioguía incluída, será de 3,5 euros, cando o custo habitual é de 4,5 euros.

O horario de visitas de luns a sábados é de 10:00 a 14:30 horas e de 15:30 a 19:00 horas. Os domingos de 13:00 a 20:00 horas.

Esta promoción ten lugar durante unha fin de semana na que se celebran outros eventos que atraerán un importante número de persoas á localidade como son a iniciativa deportiva Toxiza Gran Trail e o macrofestival de tributo á verbena.

A colaboración entre o Concello e a empresa busca deste xeito xerar novos atractivos para que os visitantes coñezan a Basílica da Asunción, declarada Patrimonio Mundial pola Unesco e principal emblema do noso conxunto histórico artístico. Ademais de que esta promoción se fai coincidindo cos dous eventos co obxectivo de compaxinar ocio e cultura. 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18498182296753