Descenden o número de casos activos de coronavirus na provincia

TerraChaXa | AMariñaXa
Descenden o número de casos activos de coronavirus na provincia pero hai máis ingresos e aumentan os contaxios na residencia de San Cibrao
78062985_10221597416271958_5702050937820938240_n
8 Nov 2020

A provincia amaneceu hoxe con 1.127 casos activos de coroanvirus, 30 menos que onte malia ter 61 novos postivos nas últimas 24 horas, unha cantidade inferior á dos últimos días nos que se rexitraron arredor de cen.

Aumenta, eso si, o número de hospitalizados. Xa son 51, catro deles na UCI. Na planta do Hula hai 30, no de Burela 14 e en Monforte 3.

Nas últimas horas recibiron a alta 91 persoas polo que xa son 3.694 as que superaron a enfermidade.

Por outro lado, xa son 104 os falecidos, tras tres decesos nas últimas horas, dúas delas da residencia de San Cibrao, centro cun gromo que ten 12 ingresados no hospital da costa e que ten 49 infectados.

Vilalba súmase aos concellos en alerta vermella, xunto a Lugo, Chantada, Viveiro, Burela e Cervo, mentres Monforte baixa a nivel laranxa.

Continúan en amarelo Xove, O Valadouro, Foz, Palas, Guntín, Outeiro de Rei, Sarria e Pedrafita. Súmase tamén O Corgo e Castroverde.

0.1609959602356