Desastronauts farán as súas acrobacias en Burela
O venres 13 de agosto chegará a Burela, Desastronauts, a máis espectacular compañía de aéreos de Galicia, para representar Máis alto aínda ás 20.30 horas na praza do Concello.
O exitoso dúo de acrobacias aéreas, humor e enredos de parella no aire con números de altísimo nivel como trapecio en voo porán a pel de galiña a calquera espectador polo seu risco e espectacularidade sen comparación. A entrada será libre.
Unha muller forte, intelixente, atractiva e divertida topa cun home... Estúpido. Él fará o que sexa para estar con ela e ela fará todo o posible por escapar. Ela é dona de si mesma, el é infantil. Veremos como a súa loita frenética se intensifica a medida que atopan un trapecio de balanceo, cordas aéreas dobres e un hula-hoop de lume ata chegar a un incrible e emocionante número aéreo de voo.