Derradeiro Mércores de Natureza no Concello do Vicedo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Continuando coa programación de natureza do Concello do Vicedo, este mercores 26 será a derradeira actividade prevista para este verán 2020.
24 Aug 2020

Continuando coa programación de natureza do Concello do Vicedo, este mercores 26 será a derradeira actividade prevista para este verán 2020.

Trátase da baixada do río Sor en kayaks no tramo que discorre entre a Ponte de Ribeiras do Sor e o Porto do Vicedo. Ao longo do presente enclave natural poderanse observar diferentes puntos de interese como as aldeas de San Fiz, Creximil, Morgallón, a insua de San Martiño, as tres ponte sobre o Sor, a praia de Chamadoiro e Arealonga, a Pena Furada e os respectivos pobos de O Barqueiro e o Vicedo.

O punto de encontro será o Porto do Vicedo ás 10.30 horas da mañá para desprazarse en furgonetas da empresa Actividades Estaca cara Ribeiras do Sor.

A actividade ten un prezo de 17 euros por persoa que se pagarán no momento de embarcar e en efectivo aos monitores de actividades Estaca.

Esta actividade cumple con todos os requisitos propostos polas autoridades sanitarias, limitando a 20 persoas a súa participación polo que se pedirá previa anotación no número 982 590 195.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17732286453247