Deron comezo os Obradoiros de Regueifa nos centros educativos de Burela

AMariñaXa
O Concello de Burela convoca catorce postos de traballo temporais. 7 de socorristas, 2 de xardineiros e 5 para a brigada de prevención
BURELA DÁ COMEZO AOS OBRADOIROS DE REGUEIFA 2024 2
11 Mar 2024

As áreas de Mocidade e Educación do Concello de Burela impulsan uns Obradoiros de Regueifa nos centros educativos do municipio, dirixidos tanto a alumnado de primaria como de secundaria.

A actividade xa tivo lugar no IES Monte Castelo e no Ceip Virxe do Carme, onde se repetirá os días 21 de marzo e 11 de abril respectivamente. Tamén se achegará a iniciativa ó IES Perdouro e ó Ceip Vista Alegre.

Os rapaces e as rapazas xa estiveron traballando nesta forma de expresión e improvisación cos seus mestres, para logo aprender en profundidade con Cristian Gómez da Asociación Erre que Erre.

“É unha actividade que cremos moi positiva para a mocidade, posto que os rapaces aprenden sobre a nosa cultura, practican o noso idioma, melloran o seu léxico, desenvolven a creatividade, a improvisación,  a inventiva e a expresión oral", sinala o concelleiro Mario Pillado.

"Todo isto, mentres coñecen unha forma de expresión típica do país, mantendo viva a nosa cultura, que polo momento está a ter moi boa acollida nos centros, ós que agradecemos a súa total e enteira disposición a colaborar sempre”, engade.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1778450012207