Deron comezo as clases de coro do Centro de Atención a Maiores de Ribadeo
AMariñaXa
No Centro de Atención a Persoas Maiores deron comezo un ano máis as clases de coro que se suman ao resto de actividades
13 Out 2022
No Centro de Atención a Persoas Maiores deron comezo un ano máis as clases de coro, que se suman ao resto de actividades das que poden gozar as usuarias e usuarios da instalación.
As clases son impartidas por unha profesora da Escola Municipal de Música de Ribadeo.
A concelleira de Servizos Sociais, Mónica Freire, explicou que “as clases de coro súmanse a outras actividades preparadas para as e os residentes do CAM. Hai pouco que se iniciou a musicoterapia e agora retomamos o coro. O que queremos é que os nosos maiores estean entretidos e activos”.
E engadiu que “as actividades que se desenvolven no CAM están pensadas tanto para as persoas dependentes como para as que son autónomas”.