Denuncian o horario reducido do servizo de Correos en Lourenzá

AMariñaXa
"Para pagar unha sanción ou enviar un documento administrativo a calquera institución pública debamos desprazarnos a outra localidade", explica a voceira nacionalista Belén Fanego
concello-de-lourenza
concello-de-lourenza
2 Xul 2024

O servizo de Correos reduce o seu horario en Lourenzá. Como explican dende o BNG local, o horario, que é agora de 8.30 a 9.30 horas, reduciuse dun xeito considerable pois perderon unha hora de luns a venres, cando antes eran dúas. Deste xeito, os nacionalistas fan unha queixa e rogo urxente para recuperar o horario.

“Xa fai moito que se reduciu o horario, o que implica que agora, entre outras cousas, para pagar unha sanción ou enviar un documento administrativo a calquera institución pública debamos desprazarnos a outra localidade como Foz ou Mondoñedo”, explica a voceira, Belén Fanego.

0.057157039642334