Denuncian o estado do albergue de peregrinos de Ribadeo

AMariñaXa
Usuarios fixeron chegar ao Concello de Ribadeo protestas polo estado no que se atopa o albergue público de peregrinos.
albergue ribacdeo
18 sep 2021

Usuarios fixeron chegar ao Concello protestas polo estado no que se atopa o albergue público de peregrinos que coxestionan o Concello e a Xunta de Galicia. Dentro desas queixas asegúrase que o Goberno autonómico non fixo ningún investimento nos últimos quince anos para renovar as instalacións.

Estas queixas quedaron transmitidas nun escrito ao director da Sociedade de Xestión do Xacobeo no que se lle demanda información sobre os plans de futuro.

Denuncian dende o Concello que o mobiliario está antigo e roto nalgúns casos, ten moitas humidades e o sistema eléctrico desfasado, entre outras carencias.

 

0.19522213935852