Denuncian o déficit de persoal médico no Hospital Público da Mariña

AMariñaXa
O Concello de Viveiro advirte de que as carencias do centro de saúde trasladáronse tamén ao Hospital Público da Mariña
Hospital-Público-da-Mariña
17 Oct 2024

O Concello de Viveiro advirte de que as carencias do centro de saúde trasladáronse tamén ao Hospital Público da Mariña, poñendo en risco a saúde dos veciños e veciñas. “A sanidade pública é un servizo público esencial que está en risco en Viveiro e na Mariña”, alerta a alcaldesa, María Loureiro. A sanidade pública é "un servizo público esencial que está en perigo en Viveiro e na Mariña, pero desgrazadamente non vemos reacción por parte da Xunta”, alerta a alcaldesa. “O Hospital da Mariña sofre tamén o déficit de persoal médico que ata o de agora afectaba á atención primaria”, sostén pola súa parte Catalina Fernández, concelleira de Benestar Social, Infancia e Saúde de Viveiro.

A cobertura das urxencias é un problema xa desde hai tempo. "Agora outras especialidades tamén sofren este déficit que repercute nos veciños e veciñas da área sanitaria, con listas de espera prolongadas e tendo que ser remitidos en ocasións ao HULA”, engade. Fernández lamenta que a Xunta “traslade á poboación que os profesionais non queren vir á Mariña, porque isa non é toda a verdade, moitos profesionais vanse do hospital pola sobrecarga de traballo á que están sometidos”.
 “Neste momento, a situación en varios servizos é deficitaria e instamos á Xunta a que tome medidas para fidelizar ao persoal facultativo, garantir a cobertura de todas as prazas e brindar aos usuarios a asistencia que se merecen”, remata.

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18886184692383