Denuncian as carencias no reparto postal no Concello de Foz
O BNG de Foz vén de denunciar as carencias no reparto postal no Concello e o non cumprimento do acordo unánime do pleno para a reaperura da oficina postal en horario de sábado.
No pasado mes de febreiro de 2021 o BNG de Foz propuxo e acadou o compromiso do pleno do Concello de Foz para instar ao Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana a axeitada dotación de persoal da empresa publica Correos, e a reapertura da oficina de Correos no Concello de Foz en horario de sábado. "Denunciabamos daquela que a oficina de Correos de Foz permanecía pechada os sábados, por moito que na oficina e na web de correos figurara a apertura en horario de sábado. Isto provocaba numerosos inconvintes a moitos usuarios que so poden realizar trámites neste servizo público eses días", din dende o BNG.
O BNG de Foz insistía daquela que "os traballadores da empresa levan denunciando anos a carencia de persoal en todos os servizos que presta. Tanto de oficina como en reparto e clasificación. Esta operativo o persoal estrictamente imprescindible para a prestación do servizo público, e deíxanse de prestar outros servizos encomendados dende a vaga privatizadora na que se viu inmersa nos últimos anos", engaden os nacionalistas focegos.
Lonxe de atender ao acordo unánime do Concello de Foz, durante o mes de agosto "o servizo postal empeora notablemente en Foz, con carencias insoportables no reparto. Con retrasos de máis de 15 días nas parroquias, relacionado coa ausencia de cobertura da plantilla e insuficiente dotación para a carga de traballo do periodo vacacional".
Un novo chanzo no "desleixo do servizo postal universal. Por riba continúan sen ofrecer alternativas ao servizo presencial na oficina de Correos os sábados. Unha situación a que o servizo de Correos debe poñeer fin de xeito inmediato", rematan.