Denuncian a inundación de vivendas en Santa María Maior polo temporal

AMariñaXa
Antonio Ameijide denuncia que “pola inacción” de socialistas e nacionalistas se inundaron varias vivendas, se puxo en risco aos veciños e se produciron danos en propiedades privadas
Inundacions-Mondoñedo-Santa-María-Maior
10 Out 2024

Os deputados do Grupo Provincial Popular expresaron a súa preocupación pola situación que padeceron os veciños do Fondo da Vila, na parroquia de Santa María Maior, Mondoñedo. O temporal causou danos nas propiedades debido a que as drenaxes da estrada provincial LU-P-3103 non foron reparadas, provocando que a auga non se canalizase adecuadamente e entrase en casas e propiedades.

Antonio Ameijide, portavoz do grupo, esixiu “solucións inmediatas” ao goberno de José Tomé, acusándoo de non actuar durante máis dun ano malia ás múltiples peticións dos veciños e do propio Concello de Mondoñedo. Ameijide destacou que, se se tiveran realizado as reparacións necesarias cando se presentaron as primeiras queixas, os veciños non terían que lamentar os danos actuais. Ademais, alertou sobre a falta de mantemento das canalizacións de drenaxe, que, segundo el, rebentaron debido á presión da auga durante intensas precipitacións, un problema que atribúe a un mal deseño e falta de atención.

“O goberno de José Tomé ten que tomar medidas de forma urxente para garantir a seguridade de persoas, inmobles e vehículos,” afirmou Ameijide. A situación destaca a necesidade de realizar estudos técnicos para mellorar a canalización da auga de escorrentía e manter adecuadamente as infraestruturas existentes.

0.19678497314453