Denuncian a falta de persoal nas residencias de Lugo e Burela
Durante a época da pandemia, a Xunta de Galicia contratou a persoal de varios colectivos para reforzar os centros, debido ao incremento de actividade durante este período. Pouco a pouco foino cesando, agás aquel que seguía sendo preciso para dar atendido as necesidades dos usuarios. Dende o Comité de empresa da Consellería de Política Social en Lugo aseguran que, nos últimos meses, cesaron a todos aos que o seu contrato chegaba aos tres anos de duración e pasarían a ser indefinidos, non interesando isto a Xunta xa que tería que crear postos novos a pesar da súa necesidade.
O comité leva demandando á Consellería desde antes do cese deste persoal a necesidade da creación estrutural destes postos, debido a súa necesidade para poder ofrecer unha atención de calidade aos seus usuarios. Especialmente destacan os postos de enfermeira na residencia das Gándaras e de camareira/limpadora nas residencias de Burela e da Milagrosa.
Aseguran que nestes centros quedan quendas descubertas ou días de semana con persoal do servizo por debaixo dos mínimos establecidos, e tendo que facer fronte desas tarefas o resto do colectivo, creando sobrecarga de traballo e malestar entre o persoal. Por todo isto esixen á Consellería de Política Social e a Emprego Público a creación urxente destes postos de maneira estrutural e a incorporación inmediata de persoal a eles.