Por Viveiro presenta unha moción para coñecer o programa das festas patronais

AMariñaXa
Cando falta un mes para o comezo do calendario festivo de Viveiro no mes de agosto, lamentan que nada se sabe do programa das patronais
Festas-patronais-Viveiro-2022-(3)
3 Xul 2024

Dende Por Viveiro presentan unha moción para coñecer o programa das festas patronais e da festa do Naseiro. Cando falta un mes para o comezo do calendario festivo de Viveiro no mes de agosto, lamentan que nada se sabe do programa das patronais e dos seus eventos mais emblemáticos: pregón, izado de bandeiras, pasacalles, xigantes e cabezudos, verbenas na travesía, día dos nenos, sardiñada nas nogueiras, fogos de artificio, mostra folclórica, concerto de corais, concerto da banda municipal, feiras, exposicións, actividades deportivas, etc.

Lembran que tampouco se coñece nada da habitual zona de atraccións e actividades para desfrute dos mais pequenos, que nos últimos anos se instalaba en Lodeiro. “O mesmo se pode dicir da festa de Naseiro, de interese turístico nacional, de grande arraigo familiar, que congrega a milleiros de romeiros no val de Naseiro, uns de acampada e outros de mesa con mantel, nos días previos e posteriores ó cuarto domingo de agosto”. Deste xeito, solicitan ao equipo de goberno unha explicación prevista para estas citas.

0.2045750617981