Dende o luns o acceso ao Fuciño do Porco estará pechado por traballos de conservación e mantemento

AMariñaXa
O Goberno local do Vicedo adxudicou por 17.000 euros a creación dunha escaleira e outras melloras no acceso ao Fuciño do Porco
fucino porco escaleira provisional 2023
8 sep 2023

Dende o luns o acceso ao Fuciño do Porco estará pechado para facilitar a execución dos traballos de conservación e mantemento. Para estas tarefas destínase un orzamento de 36.100 euros.

Escolleuse esta data para garantir a mínima afección aos visitantes, xa que está fóra do período de xullo e agosto, cando se rexistra maior afluencia, pero a climatoloxía aínda é propicia para facer a intervención.

Os traballos previstos consisten na limpeza de cunetas e recuperación da drenaxe tanto lonxitudinal como transversal das augas que chegan ao camiño para evitar o seu deterioro; así como recuperación das superficies de rodadura do propio camiño e do aparcamento intermedio. Tamén se traballará na estabilización do treito final, máis próximo aos cantís.

Igualmente, a Xunta mellorará a sinalización deste espazo protexido, pertencente á Rede Natura 2000, co fin de ordenar o seu uso -os fluxos de persoas e vehículos – e divulgar os valores de patrimonio natural e biodiversidade presentes na zona. Para iso, xa se encargou a sinalización e deseñáronse os carteis que se colocarán nas vindeiras semanas.

Esta mellora beneficiará tanto ao público en xeral como aos axentes facultativos medioambientais da Xunta que se desprazan por esta área de especial riqueza e protección para desenvolver as súas funcións.

0.18611693382263