Dende o día 10 poderase consultar o censo electoral no Concello de Viveiro
AMariñaXa
O Concello de Viveiro informa que dende o día 10 ao 17 deste mes de abril, ambos inclusive, poderase consultar o censo electoral.
8 Abr 2023
Con motivo da celebración das eleccións municipais do próximo 28 de maio, o Concello de Viveiro informa que dende o día 10 ao 17 deste mes de abril, ambos inclusive, poderase consultar o censo electoral.
O horario habilitado no concello é de 9.00 a 14.00 horas.
Dende o Concello lémbrase a importancia de comprobar a correcta inscrición censal, aos efectos de poder exercer o dereito ao voto nas devanditas eleccións.
A consulta farase por medios informáticos, previa identificación do interesado, de conformidade co artigo 39.2 da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral.