Dende o Concello de Mondoñedo están a programar as actividades de Voluntariado Sénior para o verán

AMariñaXa
Dende o Concello de Mondoñedo están a programar as actividades de Voluntariado Sénior para o verán. Para maiores de 55
saf manos maiores axuda
28 Maio 2023

Dende o Concello de Mondoñedo están a programar as actividades de Voluntariado Sénior para o verán.

O obxectivo do programa é ofrecer ás persoas interesadas a oportunidade de desenvolver actividades altruistas impulsando unha vida independente e mellorando a súa calidade de vida e contribuindo deste modo a colaborar nas actividades do concello dunha forma activa.

Un dos requisitos para formar parte é ter máis de 55 anos e para participar tan só haberá que achegarse ao Departamento de Servizos Socias para solicitar información e resolver dúbidas. Tamén se pode chamar ao teléfono 982 524 003.

voluntariado senior mondonedo
0.16893792152405