Dende hoxe será necesaria a reserva de praza para acceder ao Fuciño do Porco

AMariñaXa
O Fuciño do Porco no Concello do Vicedo contará cun novo aparcadoiro no que as obras xa están licitadas a unha empresa coruñesa
punta fucino do porco
1 Xul 2022

A partir do 1 de xullo de 2022 e ata o 31 de agosto de 2022 será necesaria a reserva de praza para acceder ao Fuciño do Porco en horario de 9.00 horas a 21.00 horas. Para iso xa está activada a páxina web www.puntafucinodoporco.gal, onde haberá que entrar para reservar a correspondente praza, indicando día e hora de reserva, así como o número de persoas que forman o grupo.

Este ano aumenta o número de persoas que pasa a ser de 70 cada 45 minutos, empezando a primeira quenda ás 9h e rematando o día coa última quenda das 21.00 horas.

Os obxectivos deste control de acceso ao Fuciño do Porco son preservar os cantís de Fuciño do Porco, situado en espazo de Rede Natura 2000, repartindo os visitantes ao longo do día para evitar saturacións, ofrecer unha visita de calidade ao asegurar que durante 45 minutos só haberá 70 persoas como máximo á vez nese espazo e, por último, regular o fluxo de vehículos adaptando o número de visitantes ás prazas dispoñibles na contorna.

Hai que sinalar que este ano se abre un novo aparcadoiro, con 140 prazas, situado no acceso ao Fuciño do Porco, a uns 500 metros do antigo aparcadoiro.

vicedo fucino porco
0.19044995307922