Demostracións de oficios, obradoiros e pregón na Feira de Artesanía de Os Muíños de Mondoñedo
O Barrio dos Muíños de Mondoñedo acollerá nas súas prazas e rúas unha nova edición da súa feira de artesanía á que asistirán multitude artesáns a expoñer e vender os seus produtos. A feira, que arrancará ás 11.00 horas, estenderase ata as 21.00 e contará con demostracións de oficios durante toda a xornada: olería, fiado, coiro, percusión, tear, cartón-pedra, etc.
O pregón da feira, que se celebrará ás 12.30 horas, correrá a cargo de Paula Cabaleiro, Xestora cultural e comisaria de arte, membro do Plenario do Consello da Cultura Galega e Coordinadora da Comisión de Políticas Culturais do Consello da Cultura Galega.
A feira de artesanía está organizada pola Asociación Profesional de Artesáns dos Muíños de Mondoñedo e con ela colaboran o Concello de Mondoñedo, a Xunta de Galicia a través de Artesanía de Galicia e A Taberna do Valeco. Organización e colaboradores queren convidar a veciños e visitantes a asistir a esta feira de artesanía que exalta os nosos produtos.