Decenas de persoas participaron na terceira edición da Ruta Cabalar de Cervo

AMariñaXa
A iniciativa, impulsada pola asociación Cabaleiros da Bidueira, combinou deporte, natureza e convivencia
ruta-cabalar-cervo
8 Apr 2026

O Concello de Cervo converteuse o pasado domingo, 6 de abril, nun punto de encontro para os afeccionados ao mundo ecuestre coa celebración da terceira edición da súa Ruta Cabalar. A iniciativa, impulsada pola asociación Cabaleiros da Bidueira coa colaboración municipal, combinou deporte, natureza e convivencia.

A actividade comezou no polideportivo de San Román, desde onde partiu o percorrido, deseñado para desfrutar da paisaxe e do contacto directo co contorno natural. Ao longo do traxecto, os participantes puideron facer unha pausa cun aperitivo a metade da ruta, nun ambiente distendido e pensado para compartir experiencias arredor da afección cabalar. Rematada a ruta, os participantes regresaron ao polideportivo, onde continuaron as celebracións cunha sesión vermú e baile amenizado por Disco Móbil Conxuro, seguidas dunha comida popular.

0.11880111694336