De Ninghures pechará a Foliada A Chocolateira da Pontenova

A Praza dos Fornos da Pontenova acollerá este sábado unha nova edición da Foliada A Chocolateira, organizada pola Asociación Musical A Chocolateira coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Concello da Pontenova. A deputada de Cultura Iria Castro achegouse ata o municipio, onde recoñeceu e agradeceu o traballo das organizadoras do evento, que ultiman os preparativos para unha xornada festiva arredor da música tradicional.