David Villares Sánchez toma posesión como concelleiro do BNG en Cervo

AMariñaXa
Prometeu o seu cargo co compromiso de defender os dereitos e intereses das veciñas e veciñas e do pobo galego
david-villares-novo-concelleiro-bng-cervo
24 Oct 2025

No pleno celebrado na mañá de hoxe pola corporación municipal de Cervo tomou posesión do seu cargo o novo concelleiro nacionalista David Villares Sánchez, que xunto coa concelleira e portavoz Zulema Murado Sánchez conforman o grupo municipal do BNG. Villares substitúe a Diego Fernández que deixou o cargo institucional no mes de agosto por motivos persoais aínda que seguirá vinculado ao traballo organizativo sendo o responsable local do BNG.

David Villares prometeu o seu cargo co compromiso de defender os dereitos e intereses das veciñas e veciñas de Cervo e do pobo galego. Manifestou tamén o seu compromiso co proxecto do BNG para Cervo, co que pretenden acadar un municipio con vida, igualitario, transparente, onde poder desfrutar do territorio cunha ordenación planificada e sustentable, e un municipio atractivo e moderno adaptado a este século.

Tivo palabras tamén para o compañeiro Diego Fernández, ao que lle agradeceu o traballo realizado: “Diego é para todas e todos nós unha referencia, e o traballo que desenvolveu ao longo destes anos é moito e bo e é e será frutífero, e ademais temos a sorte de seguir contando con el en labores organizativos para seguir achegando o proxecto do BNG á toda a veciñanza”

⚙ Configurar cookies
0.1288959980011