David Puerto chega a Burela co seu espectáculo de humor "BIEN"

AMariñaXa
A Casa da Cultura acollerá unha noite de comedia en directo o 9 de maio, nunha proposta pensada para todos os públicos
casa-cultura-burela
30 Jan 2026

O Concello de Burela anuncia que xa están á venda as entradas para asistir a "BIEN", o espectáculo de humor do actor e comediante David Puerto, que terá lugar o sábado 9 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura da vila. Esta cita forma parte da programación cultural municipal e busca ofrecer ao público unha proposta fresca, participativa e repleta de risas, consolidando a oferta de comedia en directo no municipio.

O goberno local destaca que a iniciativa responde á aposta por unha programación estable, diversa e de calidade, que achegue a Burela espectáculos actuais e atractivos, ao mesmo tempo que dinamiza a vida cultural e social da vila, convertendo a Casa da Cultura nun espazo de encontro para toda a cidadanía. As entradas poden adquirirse a través da plataforma Ataquilla.

⚙ Configurar cookies
0.075209140777588