Darío Campos alerta de chamadas falsas ofrecendo vacinas na Pontenova

AMariñaXa
O alcalde da Pontenova alerta aos seus veciños de que se están a producir chamadas de descoñecidos ofrecendo unha vacina no domicilio
29 Xan 2021

O alcalde da Pontenova, Darío Campos, alerta aos seus veciños de que se están a producir chamadas de descoñecidos ofrecendo unha vacina no domicilio, algo que non se atinxe ao protocolo.

Segundo explica o alcalde, os que reciban unha chamada deste tipo deberán confirmalo antes de anda no centro de saúde e de non ser certo denuncialo ante o 062 da Garda Civil ou mesmo no concello.

0.11482000350952