Daniel Vega, elixido presidente do PP de Ribadeo co 100% dos votos
Avanza que os obxectivos que se marca como presidente son, en primeiro lugar, é “ser opción de goberno para ser goberno”, abrir o partido a toda a sociedade ribadense, seguir traballando para traer novos investimentos a Ribadeo
Daniel Vega vén de ser elixido presidente do Partido Popular de Ribadeo co 100% dos votos. O popular asume así a dirección do partido, na que estará acompañado de Begoña Sanjurjo na secretaría Xeral e por Montse Seijo na de vicesecretaría de Organización.
Visiblemente emocionado, Daniel Vega agradeceu o apoio masivo da afiliación, á que agarda compensar, dixo, “cun intenso traballo que se traduza nun bo resultado para o meu partido en 2023”. Neste senso, proponse, en primeiro lugar, “ser opción de goberno para ser goberno, e isto pasa por traballar e liderar inversión, e non por un goberno que só pensa na autofoto”, indicou.
Dentro dos obxectivos que se marca como presidente son, en segundo lugar, abrir o partido a toda a sociedade ribadense, co fin de “ir sumando cada vez máis persoas ao proxecto que me honra liderar”. E, en terceiro lugar, asumiu diante os asistentes o seu compromiso de “seguir traballando para traer novos investimentos a Ribadeo”. A este respecto, contrapuxo o traballo do goberno local, “que se traduce en tan só 375.000 euros de xestión nos últimos dous anos, fronte aos 2,5 millóns que xestionou o grupo municipal popular coa Xunta de Galicia”.
Vega fixo especial fincapé no apoio decidido da administración autonómica “e que dende o PP temos un especial empeño en trasladar a veciños, empresarios, colectivos entidades sociais...”. Como exemplos, citou o acondicionamento da estrada de Reme a Villamar (800.000 euros), as melloras na estación de autobuses (140.000 euros), a escola infantil na que se investiron 75.000 euros, ou o 1 millón de euros no colexio público. Por tanto, dixo, “iso do botafumeiro non se sostén, porque o botafumeiro bota fume, pero isto é xestión e traballo”, remarcou. Vega tamén fixo referencia aos ciclos de FP implantados na localidade, e tamén no futuro centro de saúde que se contribuirá na vila, no marco dos orzamentos autonómicos de 2022.
“Temos gañas de seguir traballando e de seguir impulsando Ribadeo. Pasemos dun goberno de sesta permanente a un goberno activo”, concluíu, ao tempo que agradeceu o traballo de todas aquelas persoas que no pasado tamén estiveron á fronte da formación. “Non somos nada sen o seu traballo”, afirmou.
ARROUPADO POLA DIRECCIÓN PROVINCIAL E AUTONÓMICA
Daniel Vega estivo arroupado pola presidenta e o vicepresidente do Partido a nivel provincial, Elena Candia e Francisco Conde, respectivamente; ademais de polo secretario Xeral do PPdeG, Miguel Tellado; así como por outros cargos orgánicos a nivel provincial e con ampla representación nas institucións. Foi o caso do secretario Xeral, Javier Nodal; do de Organización, Javier Vázquez Prado ; do coordinador Xeral, José Manuel Balseiro ; e de deputados e outros membros do Partido Popular da provincia .
A máxima dirixente na provincia felicitou a Vega e ao seu equipo, depositando neles “a confianza absoluta da dirección provincial para que Ribadeo volva a ter un goberno do Partido Popular”. Este cambio, dixo Elena Candia, “comeza neste preciso momento e ten que verse recompensado nas urnas dentro de ano e medio”. Para elo, Candia púxose a disposición da agrupación local, indicando “que somos máis necesarios ca nunca”. “Levamos no ADN do Partido o traballo nas distancias cortas e iso é que nos deu o 50% dos votos nas autonómicas, ou que teñamos 12 deputados na Deputación, 9 no Parlamento, 2 no Congreso e 4 senadores. Somos un exército imparable para traballar por esta provincia”, destacou.
Elena Candia engadiu: “Temos que ser capaces de incrementar o 19% nas locais para equiparar o resultado das autonómicas para cambiar o rumbo de Ribadeo”. “Quizais este Concello sexa dos poucos que non deu nin un só euro para impulsar a reactivación e só basea a súa actuación en confrontar coa Xunta de Galicia. Deste congreso saímos reforzados e unidos, e facémolo cun líder que é moi constante no seu traballo e reivindicativo”, afirmou.
LOITAR PARA QUE SE SIGA PRODUCINDO ALUMINIO NA MARIÑA
A popular manifestou a importancia do cambio precisa Ribadeo, pois “tdos sabemos, ademais, como está a Mariña; todos sabemos que o Goberno, por certo apoiado polos compañeiros do Sr. Suárez, o que fai é dar as costas a Alcoa, a Vestas e, mentras, a nosa comarca polo único que é noticia a nivel nacional é pola destrución de emprego”. Neste senso, defendeu: “temos que seguir loitando para que se siga producindo aluminio na Mariña, pero tamén temos a obriga de dicir a verdade: hai uns meses, un partido que é o que sustenta o goberno deste concello, sacábase unha foto prometendo un acordo no que ía a solución de Alcoa, pero nin o acordo se cumpriu, nin se moveu nin un só dedo e continuamos cun prezo da enerxía inasumible”, sentenciou Candia.
EQUIPO AO COMPLETO
Ademais do cargos propios da dirección, Vega crea varias vicesecretarías que serán claves no traballo da agrupación municipal de cara a conseguir o obxectivo de chegar á alcaldía en 2023. Trátase da de Comunicación, que ocupa Elena Sierra -esta concelleira será tamén a voceira da formación popular; a de Mobilización, que dirixirá Marta Saenz, e a de Acción Electoral, que desempeñará o o ex cargo directivo de Maphre, Manuel Álvarez.
Ademais crea as seguintes secretarías sectoriais: Desenvolvemento Local, que integra Economía e Emprego, Manuel Silveira; Igualdade e Mocidade, Vanesa García López; Medio Rural e Medio Ambiente, María Espiñeira Guitiérrez; Educación e Cultura, Cristina Lorenzo Fernández; Turismo, Juan López; Deportes, Tito Suárez.
O presidente engadiu, ademais, que no comité executivo tamén estarán integrados todos os representantes do rural e a lista electoral.