Daniel Vega e Susana López reuníronse con asociacións ribadenses

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Daniel Vega mantivo un encontro xunto á responsable de igualdade do PPdeG, Susana López Abella, e con distintas asociacións do municipio para escoitar as súas propostas e tomar nota das súas necesidades de cara a mellorar as actividades que veñen desenvolvemento habitualmente.
21 Xuño 2020

Daniel Vega mantivo un encontro xunto á responsable de igualdade do PPdeG, Susana López Abella, e con distintas asociacións do municipio para escoitar as súas propostas e tomar nota das súas necesidades de cara a mellorar as actividades que veñen desenvolvemento habitualmente. O Grupo Municipal do PP continúa así recollendo propostas para seguir xestionando orzamento para o asociacionismo de Ribadeo.

O voceiro do PP, Daniel Vega, salientou o destacado asociacionismo de Ribadeo que “desenvolve un labor moi importante en relación á dinamización do noso municipio” e manifestou o seu apoio, como vén sendo habitual, ás distintas entidades sociais de cara ao desenvolvemento de diversas actividades sociais, culturais e deportivas.

Susana López Abella expuxo a necesidade de “seguir traballando de cara á igualdade e na prevención e sensibilización contra a violencia de xénero”. Nese sentido, abordaron tamén “medidas de conciliación e de cara á corresponsabilidade e, polo tanto, á igualdade”.

Conciliación

A popular asegurou que “as medidas de conciliación son fundamentais, sobre todo, para as familias nas que os dous proxenitores traballan fóra da casa e non teñen con quen deixar os fillos. E nestes momentos trala situación de emerxencia sanitaria derivada da covid-19 é aínda máis prioritario, se cabe, ofrecer aos pais e nais medidas de apoio á conciliación da vida laboral e familiar para contribuír ao coidado dos seus fillos e fillas”.

Vega recordou, a este respecto, que o Goberno galego vén de aprobar recentemente medidas extraordinarias dirixidas á conciliación dotadas con 40 millóns de euros. Trátase de bonos de 500 euros ao mes para familias con fillos de ata 12 anos, a oferta de campamentos de verán desde mediados de xullo con tódalas garantías, axudas ás escolas infantís, centros de día e ocupacionais mentres permanezan pechados.

Este paquete de medidas tamén inclúe bonos de 500 euros ao mes dende a declaración da emerxencia sanitaria ata o 31 de agosto para o apoio no domicilio a usuarios de centros de día que son compatibles coa liña de axudas para a atención terapéutica -sesións de estimulación e rehabilitación- ás persoas dependentes que acudían a centros de día ou ocupacionais.

0.15369701385498